martes, 24 de enero de 2017

Saída a Vilagarcía de Arousa

O pasado 18 de xaneiro os alumnos de 3º e 4º da ESO foron a Vilagarcía para asistir á representación dunha adaptación da obra Cousas de Castelao, posta en escena polos Quinquilláns.
Quedan aquí unhas fotos da representación.









De regreso subiron ao monte Lobeira e tamén visitaron o castro de Besomaño.







Foron acompañados polas profesoras de Lingua galega: Regina e Carme e polo de Bioloxía, Camilo.

Postais de Nadal

Como vén sendo habitual, este Nadal tamén celebramos o tradicional concurso de Postais.
A participación foi moi alta, sobre todo en Primaria.

As gañadoras foron:
-Primaria: Claudia Poza Barros de 3º A
-Secundaria: Sofía Rodríguez Dávila de 4º

Estas son as postais gañadoras:




Definicións enganosas

Este curso estase levando a cabo unha actividade para todo o centro:
                           
                              "DEFINICIÓNS ENGANOSAS"


Cada semana escóllese unha palabra con tres definicións; só unha é a definición correcta. Os alumnos teñen que escoller a correcta. A final de curso veremos quen foi o alumno que acertou máis definicións...






martes, 24 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana das Letras galegas puxemos en marcha diferentes actividades arredor da nosa lingua e da figura de Manuel María.
Levamos a cabo o "II Concurso Literario Letras Galegas" e o venres 20, celebramos o acto de entrega de premios aos traballos elexidos.
Tamén fixemos unha representación de títeres sobre a obra de Manuel María "O bigote de Mimí".










lunes, 23 de mayo de 2016

Photocall Manuel María

Este ano decidimos organizar un photocall  arredor da figura de Manuel María. Puxemos un fondo bonito e as persoas tíñanse que poñer diante sostendo un bocadillo cun lema relacionado co autor homenaxeado... aínda que tamén os tivemos sen relación ninguna con el.
Á espera de procesar as fotos "con persoas", deixamos aquí as fotos sen persoas, isto é, a dos bocadillos, para ir abrindo boca...