Mostrando entradas con la etiqueta Falantes coma nós. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Falantes coma nós. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de febrero de 2016

A través do proxecto Falantes coma Nós, o EDNL do Mosteiro quere facer unha inmersión no contexto lingüístico europeo para buscar as semellanzas e as diferenzas entre o galego e outras linguas nunha situación social semellante, co obxectivo de entendermos o funcionamento das comunidades lingüísticas, descubrir moitísima máis diversidade da aparentemente oficial e saber que a nosa lingua é moito moito máis importante a nivel internacional do que pensabamos (a nivel persoal é a máis importante do mundo, sen dúbida!!).
Comezamos co gaélico; a ver que che parece como quedou! Saberás responder as preguntas que están ao final?

Pois isto é so o comezo! Xa están a piques de saír do forno outras linguas coma o manés, o dálmata ou o retorromance... E onde se falará iso??

martes, 17 de noviembre de 2015

Aquí hai equipo!!

O EDNL lanza o proxecto "Falantes coma nós" para espallar o coñecemento das linguas minorizadas e para fomentar o coñecemento e a autoestima da lingua galega. Como paso previo precisamos constituír o EDNL polo que abrimos a campaña de captación de alumnado!