Durante a semana de celebración do Samaín o EDNL promoveu unha actividade de lectura de relatos de medo na biblioteca. Ambientouse o espazo con cabazas, pantasmas de mentira, coas persianas baixadas... para gozar pasando medo!
Desenvolveuse nos recreos de EP e de ESO e tivo unha moi moi boa acollida. Profesorado e alumnado leron relatos de Rafael Dieste, Agustín Fernández Paz, etc. Aquí vos quedan algunhas fotos do evento, foi divermedísimo...
Joel en plena lectura |
O segundo día xa con lanternas |
Tamén deu para risas... |
... que lle pregunten á cabaza |
Parecía que estaba alí a porta do inferno... |
Máxima concentración! |
Os cirios aguantaron ben até a lectura de Pablo! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario