Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de noviembre de 2015

Lectura de relatos de medo na biblioteca

Durante a semana de celebración do Samaín o EDNL promoveu unha actividade de lectura de relatos de medo na biblioteca. Ambientouse o espazo con cabazas, pantasmas de mentira, coas persianas baixadas... para gozar pasando medo!
Desenvolveuse nos recreos de EP e de ESO e tivo unha moi moi boa acollida. Profesorado e alumnado leron relatos de Rafael Dieste, Agustín Fernández Paz, etc. Aquí vos quedan algunhas fotos do evento, foi divermedísimo...
Joel en plena lectura

O segundo día xa con lanternas

Tamén deu para risas...

... que lle pregunten á cabaza

Parecía que estaba alí a porta do inferno...

Máxima concentración!

Os cirios aguantaron ben até a lectura de Pablo!


Neste enlace atoparás xogos, videos, cancións e algunha que outra sorpresa relacionada coa festa do Samaín. Atreveste? Pasaralo de MEDOOOOO