Na súa terceira novela, Carlos Casares acompaña ao protagonista, Elías Paz, desde a nenez nunha pequena vila ourensá ata os tempos de estudante universitario en Compostela. O texto enlaza nunha hábil mestura a segunda e a terceira persoas, no que é considerado o cumio da etapa máis experimental do seu autor.
Xoguetes para un tempo prohibido percorre os diversos escenarios da represión diaria que se vivía na Galicia da ditadura franquista: a violencia imperante nos colexios relixiosos e nas igrexas, primeiro; a descuberta do amor e as relacións entre os dous sexos, condicionadas polas convencións e o medo; a loita política, despois, as súas escuridades e os os seus servilismos; a censura; e a dramática aceptación da derrota, finalmente.
Esta novela de aprendizaxe é considerada un dos fitos da chamada Nova Narrativa Galega e retrata a toda unha xeración, criada na posguerra e que soñou coa revolución nos anos sesenta, para despois verse sumida no desencanto. Xoguetes para un tempo prohibido recibiu o premio Galaxia en 1975, converténdose inmediatamente en referencia da literatura dunha época.
_____________________________
Seguindo coa serie de Toribio...
Aquí o mozo ten unha brillante idea: inventa o Adiantador Liñal de Seguridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario