Na semana das Letras galegas puxemos en marcha diferentes actividades arredor da nosa lingua e da figura de Manuel María.
Levamos a cabo o "II Concurso Literario Letras Galegas" e o venres 20, celebramos o acto de entrega de premios aos traballos elexidos.
Tamén fixemos unha representación de títeres sobre a obra de Manuel María "O bigote de Mimí".
martes, 24 de mayo de 2016
lunes, 23 de mayo de 2016
Photocall Manuel María
Este ano decidimos organizar un photocall arredor da figura de Manuel María. Puxemos un fondo bonito e as persoas tíñanse que poñer diante sostendo un bocadillo cun lema relacionado co autor homenaxeado... aínda que tamén os tivemos sen relación ninguna con el.
Á espera de procesar as fotos "con persoas", deixamos aquí as fotos sen persoas, isto é, a dos bocadillos, para ir abrindo boca...
Á espera de procesar as fotos "con persoas", deixamos aquí as fotos sen persoas, isto é, a dos bocadillos, para ir abrindo boca...
jueves, 21 de abril de 2016
DÍA DA ÁRBORE
A actividade vén a completar a iniciada o curso pasado cando se plantaron catro árbores e se identificaron vinteún.
Temos idea de continuar en cursos vindeiros con esta actividade, pois parécenos do máis interesante coñecer as árbores do noso centro e do noso país.
martes, 19 de abril de 2016
jueves, 25 de febrero de 2016
lunes, 15 de febrero de 2016
A través do proxecto Falantes coma Nós, o EDNL do Mosteiro quere facer unha inmersión no contexto lingüístico europeo para buscar as semellanzas e as diferenzas entre o galego e outras linguas nunha situación social semellante, co obxectivo de entendermos o funcionamento das comunidades lingüísticas, descubrir moitísima máis diversidade da aparentemente oficial e saber que a nosa lingua é moito moito máis importante a nivel internacional do que pensabamos (a nivel persoal é a máis importante do mundo, sen dúbida!!).
Comezamos co gaélico; a ver que che parece como quedou! Saberás responder as preguntas que están ao final?
Pois isto é so o comezo! Xa están a piques de saír do forno outras linguas coma o manés, o dálmata ou o retorromance... E onde se falará iso??

domingo, 31 de enero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)