jueves, 21 de abril de 2016

DÍA DA ÁRBORE

Dende o EDNL en colaboración co Departamento de Ciencias Naturais vimos de celebrar o Día da Árbore plantando dez árbores e arbustos (un por grupo de primaria) co seu correspondente poste identificativo no que indicamos o nome científico e en galego. As especies plantadas foron: ameneiro, sabugueiro, sanguiño, uz, xesta, rascacús, pereira brava, acivro, fenta e buxo. Todos elas especies autóctonas.
A actividade vén a completar a iniciada o curso pasado cando se plantaron catro árbores e se identificaron vinteún.
Temos idea de continuar en cursos vindeiros con esta actividade, pois parécenos do máis interesante coñecer as árbores do noso centro e do noso país.