jueves, 12 de noviembre de 2015

Lectura de relatos de medo na biblioteca

Durante a semana de celebración do Samaín o EDNL promoveu unha actividade de lectura de relatos de medo na biblioteca. Ambientouse o espazo con cabazas, pantasmas de mentira, coas persianas baixadas... para gozar pasando medo!
Desenvolveuse nos recreos de EP e de ESO e tivo unha moi moi boa acollida. Profesorado e alumnado leron relatos de Rafael Dieste, Agustín Fernández Paz, etc. Aquí vos quedan algunhas fotos do evento, foi divermedísimo...
Joel en plena lectura

O segundo día xa con lanternas

Tamén deu para risas...

... que lle pregunten á cabaza

Parecía que estaba alí a porta do inferno...

Máxima concentración!

Os cirios aguantaron ben até a lectura de Pablo!


No hay comentarios:

Publicar un comentario